"Respirando" contra o estrés
Hoxe, en 5º de primaria, aproveitamos un momento da nosa clase de música para falar sobre a importancia da respiración. Xa falaramos da respiración de diafragma para potenciar a nosa voz e cantar de forma saudable, sen forzar a nosa garganta, pero hoxe falamos dos beneficios desta respiración para relaxarnos e combater a ansiedade.

Tamén probamos unha postura típica na meditación ou o Ioga, a "postura do loto", usando a respiración para relaxarnos.
Ás veces a nosa mente, para manterse saudable, só precisa un pouco de silencio!



_(1).jpg)
Comentarios
Publicar un comentario