UNHA RECEITA DE ENTROIDO - 3 ANOS B

O pasado 16 de febreiro conmemoramos a festividade do Entroido elaborando un postre típico destas datas: as rosquillas. Para isto, coñecemos todos os ingredientes necesarios e colaboramos nos pasos a seguir medindo as cantidades que precisábamos, mesturando, amasando... Todo isto fomentando a aprendizaxe e o traballo en equipo. 




Tras conseguir unha masa homoxénea, puxémonos mans á obra dándolle forma e creando un saboroso postre que, ao día seguinte, degustamos no noso fogar xunto coa familia. 



A elaboración do taller tiña como obxectivo concienciar ao alumnado en todos aqueles hábitos de vida saudables diferenciando entre os alimentos que se deben comer máis a miúdo e todos aqueles outros que só debemos degustar ocasionalmente. 

Que xornada tan divertida!


Comentarios

Entradas populares